Sionismo=nazismo

May 12, 2009

Non vou comentar nada que non fora comentado. O Estado de Israel é a vergoña máis grande que temos que sufrir as persoas no comezo deste século. E os que abeiran a ese estado, os que calan e os que coas súas inmundas mentiras tentan encubrilo nos causan o mesmo noxo, desprezo e vergoña allea ás persoas normais. Lede  quen sodes, malditos de calquera deus!

comezamos?

April 28, 2009

Despois duns tempos de catarse colectiva, seica comeza a rodar a nova xeira do país que fai o parvo.

Fai o parvo o sector nacionalista, que reflexiona sobre si e non ve o que pasa arredor.

Fai o parvo o sector sociolisto que chama a mobilizar as bases para, no caso de que fracase o experimento frijolito, ocupar o goberniño e desmobilizalas de novo

Fai o parvo o goberniño, que atende moi ben os seus particulares negocios, mentres pasa amplamente dos problemas, como o novo conselleiro de reforestación e turismo rural.

Ate fai o parvo o Çelta, que só gaña de cando en vez, para demostrar que o seu é perder.

Comezamos?…ca, nada novo baixo a chuvia acá.

goberno amable

April 21, 2009

A dozura da dereita, cando se percebe inestable e precisa desmobilizar, desde JFK ata Tony Blair:

"Así meu querido pobo, axeónllate se es tan amable, ou! ben, dá a volta, así…ergue un pouquiño de…iso é, agora ábrete meu ben…agora! ohhhhh!…ves, cariño, como non doe tanto…"

moda primavera

April 6, 2009

Ate o sanisidro, que comeza extraoficialmente o verán, haberá que estar cos ollos moi abertos e observar atentamente ao redor para saber a onde ir,

 

 

 

 

 

cando chegue o solpor

masoquismo puro e duro

March 18, 2009

e desta volta non o digo eu

Forca

March 17, 2009

a humanidade non será ceibe ata que o último rei sexa aforcado coas tripas do último cura, seica dixo Diderot hai máis de 300 anos…e seguimos.

pregunta e resposta

March 10, 2009

realmente que interés ten soster unha forma de organización política, un corpo doctrinario de tácticas estratéxicas e estratexias tácticas e un discurso tan novidoso como inintelixible formulado por un ou un outro dirixente fracasado?

O vento trae un crecente bramido desde abaixo á esquerda…pero non escoitan o bruar…están xordos

Fixemos o parvo!

March 2, 2009

Que esplendorosa victoria rediossss!!!!.

Pasamos de ter dous vicepresidentes parvos a ter un presidente rematadamente parvo, pode haber maior suckcesso?.

Agora a facer realidade o noso programa de destrucción da nosa naçóm e de dependencia absoluta de España. Xa o proclamaban onte as nosas irmáns en Madrid: Oé, oé, oé Galicia es (la finca) del PP

Como somos educadas, felicitamos aos gañadores das eleccións: Villar Mir, DON Santiago Rey e ao capitán Pescanova. Tentamos felicitar a Tojeiro, pero seica anda renovando o seu fondo de armario.

Un gorentoso bico á nosa parentela do Bloque Socialista Popular que, coma sempre, volveu gañar.

Na tenda

February 26, 2009

-E ló, María, disfrazácheste?

-Si, fun de político

-E de cal fuche?

-Levaba unha careta, cunha cara por diante e outra por detrás

-……..

- Como fan os políticos

-E os que non son políticos

Día Galego contra a violencia electoral

February 25, 2009