veraneo

July 31, 2006

Fillo:

Te aburres? Visita este blog e atoparás un guru co norte perdido. Haberá quen pense que é un pouco facha, pero ademais te monta uns cristos mentais de aghuanta.

Léndoo non sabes se a culpa de que o persoal de aena paralizara o aeroporto do Prat é dos traballadores de zp, dos homosexuais ou do patxiarnaldismo  (sic)  emoticon. En calquera caso non é nunca culpa da empresa, non vaia ser.

E non perdas os coments que aínda axudan a que haxa máis ruido. Mudamos o doberman polo caniche barulleiro, seica.

Mellor aproveita o verán e vai a respirar a un río ou a unha praia ou, no peor dos casos, a unha festa gastronómica e…apagha o monitor! 

 

cachondo

July 28, 2006

como paco, Emilio.

Dinamarca é un reino

Gran Bretaña, un reino unido.

Venezuela, unha federación

Francia, unha república

Kurdistán, unha nación

 

e Galiza unha nazón de Breogán. de Breogán de La Coruña, off course

Galicia somos todos, disque

July 23, 2006

 

os que petrolean a costa e os do "Nunca Máis"; os incendiarios, os que os alentan e os que loitan contra o lume, os especuladores inmobiliarios e os que defenden as costas e os ríos, os maltratadores e as maltratadas, os que fan cartos cos accidentes laborais e as persoas precarias, os que teñen que emigrar e os que nunca traballaron…todos, disque…por iso a nación e a patria, ben mirado, non significan nada.

metoxat

July 14, 2006

alóven unha fin de semana de moita-moita calor, de moita-moita cor e de moita-moita rexia estupidez.

 

Aconséllase deitar á sombra cun bo pingho.