pingheiras

September 20, 2006

Uuuuuuuuuuuuu

Filed under: Uncategorized

Que disque veñen dúas pingheiras e que lle chaman Gordon. Aínda que a experiencia me di que os peores temporais son os que non se anuncian, ide con ollo.

Non hai como quedar na casa cun bo ghoto de viño. Así mollamos por dentro ao que non lle chova por fora.

O tal Ghordon é o "anano" ese que pasou das Açores, o que vén ao rabicho da borrasca profundirma.

 

September 18, 2006

ah! era iso

Filed under: Uncategorized

Miro nas crónicas o que pasou onte en Compostela e felicítome por ter resistido a tentación de ir mirar.

O cúmulo de mentiras nas que vive instalada esa xentiña, e que haxa quen llas crea, ten como expresión máis triste a da filla-neta das mulleres de Cerdedo: "a Xunta utilizou políicamente as mortes".

Onde?. Cando? Non te estarán utilizando políticamente a ti?

E o arreguizo que a unha lle vén de pensar se os responsabeis últimos desas mortes non os terías preto, moi preto de ti no momento en que pronunciabas esas palabras.

 

Polo demais, xa se ve o que lle pasaba a esa parte do país que se xuntou onte no Obradoiro: botaban de menos a don Manuel para que lles viñera con cartos nos petos. E para o verán que vén "Outro máis" non é?

Ale, que vos aproveite a empanada 

September 16, 2006

Picheleir@s

Filed under: ghoteiras

Aí vos quedades

entre curas, frades e militares

de sos contral lume y de las JONS

 

September 11, 2006

coma tapias

Filed under: ghotas

Que di o home este que estades xordos, que deus vos fala e vos nin caso, que…

Escoitas?

Ei ti, escoitas?

Oes? deus chamando!

………………..

Seica estamos comunicando 

 

September 8, 2006

Aviso II

Filed under: ghotas

Mira pola túa saúde!!!

o día 17 de setembro fuxe de Compostela.

Ese día todas as lacras do país estarán aí.

Cun pouco de sorte, igual queiman a catedral. Amén 

September 7, 2006

Coma nenos

Filed under: ghotas

-Mira rapás, imos facer unha comisión de estudio…

-Non, de investigación!

-De estudio que….

-Non, de investigación!

-Pois vai ser o que dicimos nós, que somos maioría

-Non, ten que ser o que diga eu! e ademais quero que Alfrediño non xogue!

-Pois mira, nós, que somos maioría, dicimos que a vai a haber unha comisión de estudio e que Alfrediño non marcha.

-Pois se non facedes o que eu quero, marcho e non xogo con vos. Vou facer unha comisión de investigación comigo mesmo e vou repetir mil veces ao día: Alfrediño dimisión!  e a casa que se afunda!

-POIS…VAI RAÑALA!!! 

September 5, 2006

Aviso

Filed under: Uncategorized

No Parlamento, ou fóra según se mire, o señor da mangueiriña declarou: "Como a maioría do parlamento non fai o que eu quero, non hai pacto forestal, nin comisión parlamentaria, nin nada:tirámonos ao monte". Así fala un demócrata destes.

 

A ver se lles vale aos da Xunta para non seguir a tentar pactar cos incendiarios.

E agardemos que isto non sexa un chamado do PP para unha nova vaga de lume salvaxe.

Por certo, curioso que nestes días de calor a situación sexa tan "normal". Seica están adurmiñadas as "causas estructurais do lume" que din algúns ou que xa non queda que queimar onde interesa que arda.

A condolencia española

Filed under: ghoteiras

 

 

Di que van impedir por todos os medios a chegada de máis inmigrantes "ilegais".

Non aclarou se van a mandalos ao quinto pino ou se lle van mandar un par de cañonazos, e punto.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers