Lembranzas
Trae este artigo de cando Compostela era máis aldea, aínda que houbera máis estudantes, e tiñamos a cotio as nosas propias novelas negras nas rúas.
Claro que, daquela, a xente viviamos na rúa.
Trae este artigo de cando Compostela era máis aldea, aínda que houbera máis estudantes, e tiñamos a cotio as nosas propias novelas negras nas rúas.
Claro que, daquela, a xente viviamos na rúa.
Ouveado onte na TV -non preguntar onde nin a conta do qué-: "O ceo é patrimonio da humanidade"
Así nos vai.
Que di o Diario de Ferrol que van enxuizar ao xefe de demarcación de costas de Galiza por "allanar 32 moradas" na praia de Vilarrube.
Esta praia cae entre Valdoviño e Cedeira e nela, como na de Pantín, moitas persoas levantaron nos anos 80 unha chaboliña ou un pendello para veranear sen ter que ir a hoteis nin chalets que daquela (snif) non existían.
Seica o feito de estar "edificadas" sobre dominio público marítimo-terrestre (o que algún parvo chama "o ben común") non lle impide ao xulgado ter máis en conta ás 32 familias que tiñan o sagrado dereito de ter o seu pendelliño de veraneo a pé de praia.
De natureza e protección ambiental xa non falamos.
Sobre isto un apunte xa que andan tan atarefados co estatuto: "Preámbulo: Galiza ou Galicia, seghún se mire, éche un país de destraghadores emparentados co porco -totem nacional de breoghán- e reclamadores de subvencións para seghir destraghando ata que as vindeiras xeneracións se atopen cun deserto"
Onte no telexornal noite da Sexta falaban do aniversario do afuundimento do Prestige.
Nestas sae un animaliño calzado que di ser de Muxía e afirma: "a nós o do chapapote veunos moi ben, non estaría de maís que pasara outra vez"
Non comento nada. Pra qué.
Dest
rozamos a cultura, pateamos instrumentos musicais e derrubamos igrexas medievais
pero faremos un desconto no prezo do teu carro para que te sintas menos hipotecado. Total para o que importa a cultura. Mesmo algúns, cando escoitaban esa palabra, tiraban de pistola. A que somos grandes e simpáticos, eh?
Veña ho, compra!
Traballou toda a vida.
Desde os 12 anos ata os 54 chegou todas as noites á casa sucio, canso e máis ou menos tristón.
Morreu traballando.
Unha persoa digna en calquera lugar e tempo.
Pero equivocou o país ao nacer.
Na Galiza as persoas que traballan toda a vida son…gilipollas (sic, en español)
A viuva pensa que, cando menos, non morreu por un erro técnico
Ou si?
Cada día é maís duro mirar os xornais e aturar tertulias nas erreteuves. Cando, sen forza para outra cousa, pico en tales cousas sempre lembro avó, cando dícía aquelo de "Ai carallo!, se forades traballar…"
Mentres os nosos heroicos soldados profesionais lle gardan as costas aos sionistas, estes poden tranquilamente masacrar Palestina. A foto e máis info a podedes tirar de aljazeera.net
Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers