pingheiras

December 29, 2006

Si-lencio

Filed under: ghoteiras

O IV Reich a través da administración títere de Bagdad vai converter este home nun mártir.

 

E xa o di o vello dito cristiano: Sangue de mártires=semente…. 

December 28, 2006

pingheiras

Filed under: ghotas

Seica non son a única a quen lle chove. Claro que para estes outros xa son menos. Agora é cuarto ou mitade?. Cuarto e mitade, señora.

December 21, 2006

Ata o cu

Filed under: ghoteiras

Como ointe da radio galega teño que dicilo: Das Nordestinas estou ata o cu.

December 19, 2006

bendito

Filed under: ghoteiras

nesta xornada -na que, por fin!, a inigualable Carmiña Burana volve a Compostela- o concello, vía aquagest, me remite un novo recibo da auga. Nel me informa de que consumín 12 metros cúbicos en dous meses e tamén me di que me cobran 20 metros cúbicos, porque é o mínimo que estou obrigada a consumir.

 

Mentres boto contas de se verquer os 8 metros cúbicos de auga que me sobran polas fiestras da casa*, xa vou pensando en como maquearme para o de Carmiña. Mágoa que non poida presentala susiño Pérez Varela, outro bendito como o noso concello.

*Pola nosa rúa non pasan turistas, así que adoita estar bastante chea de merda. 

December 12, 2006

manipulando

Filed under: Uncategorized

Na portada de hoxe da impresa de "La Voz de Galicia" afirman que o profesorado de secundaria non traballa 179 días ao ano. Calquera que vexa esa portada dirá "Estes profes que ben viven"

En páxinas interiores (non podo poñer o enlace porque a nova desapareceu misteriosamente da edición dixital)  se di que na comunidade de Madrid os profesores descansan 179 días ao ano. Entón dis: ah! en Madrid. Aquí han ser os mesmos ou menos. Así que non van ao centro, pero pode ser que estean na casa traballando, corrixindo probas ou en congresos, simposios e seminarios varios.

E despois pensas que o funcionariado ten ao ano 159 días de descanso e as traballadoras legais (os escravos non) 150 días.

En fin, que como non son profe tanto che me ten o que diga La Voz.

O que si me preocupa é que esta pequena manipulación é tan só unha mostra do que poden facer con cousas máis importantes.

Xaora, todo ten a súa explicación: La Voz de Galicia está gobernada por un individuo que aspira a gobernarnos a todas, e a todos tamén.

A ansia de poder éche o que ten.

December 11, 2006

liberación

Filed under: ghotas

no día dos dereitos humanos palma Pinochet.

Tamén morreu Lauren Postigo.

Cando se fala da morte sempre sobran palabras. 

December 7, 2006

E tan panchos

Filed under: ghoteiras

 que estaban con que o reloxio non marcara as horas.

Xa podes levar anos sen o aparatiño que a hora está presente por todas partes: no ordenata, no móbil, na rúa, na radio e mesmo na TV. Hai unha conspiración universal para que sempre todo o mundo saiba que hora é. Se cadra por iso é polo que andan tan alporizados nos galiñeiros mediáticos porque na asemblea do BNG se aprobara aquilo que a VA-CA, sempre tan racional, propoñera hai anos: a hora da Galiza é a hora de Portugal, das Illas Británicas e das Canarias. Matemático, como o Ratibrón.

Pois aínda onte me discutía un fulano, que se hai que cambiala hora ao pasalo Padornelo (como ao pisar Valença ou aterrar en Heathrow), que se os funcionarios galegos perderían contacto coa administración central (igual que os canarios que xa se sabe que son independentes) ou -o mellor de todos- que Galiza ten que ir co horario bursatil de Madrid-Frankfurt (o que pase nesas bolsas é fundamental para os/as galicians, que somos todas capitalistas).

Pois eu propoño que Galiza adopte a hora de New York. Cousa sanísima: erguerse ás catorce, ir traballar de quince a vintedúas, e tempo de ocio de vintedúas a seis da madrugada. Así a nosa mocidade e non tan mocidade, adaptada a tan racional horario, estaría sempre con enerxía e bo humor e non con eses caretos de luns motivados polo estress de pasar do horario da finde ao horario lectivo-laboral.

E ademais…teríamos a mesma hora que en Wall Street!

December 6, 2006

o chino prodixioso

Filed under: ghotas

O seu nome é Yu Ming e podedes ver a súa aventura no video de máis abaixo. Ha paralelismos coa nosa realidade, cando flipamos oíndo a estudantes extranxeiros falar o galego mellor ca nós.

December 5, 2006

cineuropa

Filed under: ghoteiras

Fun mirar a peli que gañou o premio do público. Se a perdestes, non vos preocupar que a han dar en antena3 calquera domingo destes na sobremesa.

Aínda bo é que temos a Buenavista-Disney para que nos lembre o mala-malísima que era a Stasi.

E brutos, moi brutos. Onde estea a "finura" dos federais ianquis ou da nosa benemérita…Vaite de aí, ho!

December 4, 2006

Catalán!

Filed under: Uncategorized

Non hai moito comentaba nun curso que vin en Catalunya como a mocidade adolescente fala maioritariamente o catalá e como os máis vellucos usan o español. Algo que me chamou a atención, pois é o contrario do que ocorre na Galiza.

As reaccións da concorrencia non se fixeron esperar, pois hai quen pensa que os catalás teñen cornos e rabo, como nos recordan os democratas do PP a cotio. Algúns dos alí presentes afirmaron con convicción que, se os adolescentes utilizan o catalán, é porque son obrigados polo pérfido tripartito e o nacionalismo espúreo(sic).

Coa miña expresión máis inocente (é a cara que poño cando bato coa sinrazón) engadín que tamén me chamara a atención ver tan poucos botellóns e comprobar que a rapazada enchía as rúas en feiras, nos concertos e en teatros (de balde que os petos alí como aquí non dan para billeteiras). Se cadra non vin mozas nin mozos completamente cogorzas un venres noite, porque a xuventude en Catalunya está triste e sometida, non como aquí que temos unha mocidade alegre e libre.

 

 

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers