os xuíces

January 31, 2007

do reino fan xuntanza e amonestan: "absténganse de criticar(nos)". Se cadra é que a independencia xudicial está por riba da soberanía e dos dereitos humanos.

Hai enfrontamentos entre os poderes do estado e penso que entre cacería e negocio Su Majestad debería pór orde.

E mellor fico caladiña que xa hai que estar tola para falar de xuices e coronas nun mesmo post.

Non teño frío

January 23, 2007

Vai frío, pero eue non o teño. Que teima con ter, ter, TER

Eu teño, eu teño, eu teño

Eu son, eu son, eu son

Conxúgaime estar e facer

Millore 

rectificación

January 19, 2007

sobre o post anterior: que o fracaso da reforma do estatuto saira do trío non significa que a responsabilidade de todos os participantes sexa a mesma. Había, hai e haberá un boicot claro de quen nunca quixo a autonomía, agás cando se decatou de que podía beneficiarse dela.

Dígoo porque xa estou vendo por aí artigos e comentarios que van nese sentido, mesmo o discurso -torto nisto como en tantas cousas- de La Voz que, a base de afundir a todos os representantes elixidos para ben e para mal pola maioría das galegas, abre o camiño a que acabemos clamando por un salvador da patria: Don Santiago Rey, por suposto, vicepresidido polo que xa foi vicepresidente e hoxe é novamente postulante.

E mentres seguimos a velas vir -o que será, será- aí queda unha mostra de decencia para compensar tanta parvada. Aínda lembro cando no meu barrio tododios se coñecía polo alcume e ninguén se sentía acosado por iso…En fin: populares.

Por fin houbo acordo

January 17, 2007

O trío de Montepío chegou a un único acordo: Galiza/cía é algho que, coma sempre, queda
A VELAS VIR

decepción

Michael Moore, o documentalista crítico, vén de convertirse en asesor do Bush.

 

 

 

 

 

Agora lle dá consellos para vencer en Irak 

Animais!

January 9, 2007

Ao fío desta nova, onte xa apareceron pola aldea dous cadeliños de caza abandonados. Remata a tempada e os cans "quedan atrás". Sei que non o vou ver, pero -se algún día remata ese espectáculo degradante para a humanidade que son as touradas- agardo que tamén se prohiba a caza.

É comprensible que os labregos poidan defender os cultivos dos xabaríns, os currales dos raposos e das denociñas e o gando do lobos. Pero a eses urbanitas, que se disfrazan de comandos G os domingos para ir facer un churrasco e encherse de viño coa escusa de matar polo gusto de disparar e facer mal, habería que botalos do monte.

Resultan tan imbéciles como os dos quads e demais todoterreos polo monte arriba, pero é que

 

 

 

 

 

 

 

a qué persoa racional non lle mete medo un elemento así cunha escopeta na man? 

sen título

January 6, 2007

Vivo nun reino social e democrático de dereito emoticon polo que non podo dicir o que penso do discurso da Su Majestad no acto da Pascua Militar de hoxe.

PAZ AGORA!

January 2, 2007

Concordo plenamente coas catro ideas deste home. Non pode haber volta atrás. Mesmo os que din que o que fai falta é maís policía, saben perfectamente que iso non ten solución policial. Por qué queren prolongar o conflicto?. Eles saberán, pero a cidadanía ten que reaxir e esixir a paz agora, por moito que lles amole os plans aos que viven desta guerra a conta das víctimas..