pingheiras

April 4, 2007

cosas nostras

Filed under: Uncategorized, ghotas

 

Nunha  operación policial foron detidos con cinco quilos de cocaína un membro de garda civil, un cabo da invencible armada española e un funcionario da deputación de Louzán, o amigo de Nené Barral e dos herdeiros do histórico Terito agora metidos a contratistas
 

Diante da implicación de tan suxerente trío destacan a falta de comentarios nos medios e o silencio das autoridades políticas.

 

Agardo as declaracións de frijolito: "Non te hay caso, xa era narcotraficante antes de que o fixeramos funcionario.

Cosas nostras

 

 

 

April 1, 2007

a resurrección do medio rural

Filed under: ghoteiras

Seica as políticas implementadas pola consellaría de Soares Canle comezan a acadar os primeiros chanzos cara ao grande successo. O alcalde de Beade, que antigamente organizaba misas ao generalito cada 20N, convocou á prensa para informar do seguinte:

A creación dunha enoooorme área de servizos multiples na que se edificarán trescentas cabanhas pareadas, catro picadeiros (de bestas), dous campos de golf e -para acadar subvencións UE- unha grandiosa plantación de espescies autóconas que dean landras que dean vida a unha masiva piara de porcos celtas: Según o concelleiro de urbanismo uns catro mil porcos. "Aos porcos non lles amolan as pelotas de golf e aos golfos (quería dicir golfistas) seguro que lles fai graza entre suin e suin" declarou o simpático concelleiro.

Finalmente, o alcalde declarou que nas vindeiras eleccións municipais encabezará a lista do BNG. Diante da sorpresa da concurrencia, Senén dixo "onde haxa unha morea de cartos que se aparten as crispacións…Arriba Espa…Galiza!…ceibe. Ah, e poder popular (se di así?)" 

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers