pingheiras

November 30, 2007

Ping

Filed under: ghotas

Tiroulle un ping a ver se estaba disposto. Estaba na póla

November 29, 2007

poder

Filed under: ghotas

quería ter poder para mudar as cousas e, coa axuda de moitos, acadouno. Despois dun tempo, dous anos e medio, unha mañán sentou no despacho e alentou. Agora gozaba do poder…

November 28, 2007

Alta política

Filed under: ghoteiras

Van dous paisaniños a Madrí e alí lles piden os seus votos os do goberno. En troques dinlles "hei vos dar o arranxiño aquel que levades tempo pedindo, non porque o merezades, pero os vosos votos fannos moita falta". E os paisaniños déronlle os votos ao goberno. Quen os pode criticar se levaban toda a vida facéndoo?. Aló, na terra, a aquilo chamábanlle caciquismo, pero alí, en Madrí, chamábanlle alta política

November 27, 2007

titulares do país

Filed under: Uncategorized

A Ciberirmandade inicia unha campaña para instar ao grupo Gadis a utilizar o galego (Chuza!)

El presidente del grupo vigués Nuaria detenido en un golpe contra la corrupción urbanística (Faro de Vigo)

El temor a los expolios de Chávez alejó a 10.000 gallegos de Venezuela (El Correo Gallego)

Estamos para construir país, non para ser correa de transmisión (Vieiros)

A política ambiental do bipartido consegue unir á sociedade civil excluida do Horreo (Novas de Galiza)

November 26, 2007

Anuncio

Filed under: ghoteiras

Vendo burra vella. Preciso publicista que me faga un anuncio-arenga.

November 13, 2007

Frases feitas cool label

Filed under: ghotas

En principio aposto por poñer en valor… Agora xa se pode engadir calquera cousa. O máis importante xa está dito. E, se non, que llo pregunten a calquera das e dos que nos gobernan.

November 12, 2007

Gloria al bravo pueblo

Filed under: ghotas

porque non me peta. Que pesados son estes borrachos!

November 8, 2007

sesión gore

Filed under: Uncategorized

Onte no parlamento un morto dos de George ría dos alí presentes e mexaba por todas nós.

As señorías delas deberían buscar outras diversións mellores que sacar estes cadáveres do armario, ou senón, rematala cun bo baño de sangue

November 5, 2007

meme

Filed under: Uncategorized

Vexo polo bloguemillo que hai un cousa que se chama meme do 8. Non sei moi ben de que vai iso e, aínda que ninguén me convida porque este blogue non o visita ninguén, como teño o día apropiado, pois vou citar as 8 cousas máis inútiles que fixen na miña vida:

1. A primeira comunhón…e as seguintes ata que aos dez anos caín da burra

2. Ir á universidade e facer carreira

3. Casar

4. Descasar

5. Militar en partidos políticos que pretendían facer a revolución en lugar de pretender acaparar poder

6. Traballar na Xunta, que xa hai que ser inútil para ser traballadora da xunta e pretender traballar

7. Consolar a unha amiga á que o seu marido lle puña os cornos. (Pouco despois deitei con el)

8. Redactar este pos neste blogue. emoticon

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers