Pechado por defunción
Vou tomar uns copasos
Vou tomar uns copasos
A noite pasada o palco de autoridades de Balaídos acolleu unha personaxe moi especial: o editor do diario deportivo madrileño "Marca". Intrigadas pola súa presenza no insignificante partido entre as seleccións de Galiza e Camerún preguntamos
-Qué, a dar unha voltiña?
-Pues si. Acabamos de cerrar un trato con la Chunta de Galicia para publicar a partir del próximo 2 de enero un cuadernillo con nuestro diario que se llamará "Marca Galiza" y estará integralmente en habla gallega.
-!!!
-Se trata de un viejo proyecto que ya intentamos cuando don Manuel Fraga presidía la Chunta, pero ocurrió el desagradable incidente del Prestige y no nos pareció oportuno.
-???
-Verá. Marca tiene una elevada audiencia gallega en español. Como don Manuel nos dijo que la Chunta cubriría los costes de la edición en gallego con subvenciones de su política lingüística, nos pareció una buena idea, porque podiamos aumentar la audiencia sin que nos costara nada.
-
-Antes pensabamos que a nuestra inteligente audiencia podríamos sumar a algunos fanáticos de su habla gallega, pero después de ver como el nuevo gobierno de la Chunta ha conseguido que los que antes estaban más preocupados de la autodeterminación y esas cosas, ahora se preocupen de seguir a su selección con ese fervor patriótico en pachangas de este tipo, nosotros no podemos quedarnos atrás. Por lo tanto, ustedes pagan y nosotros les vendemos y ustedes vuelven a pagar.
-Caghondiola…
-Eso mismo dijo la señora de la Chunta. Ellos están contentos con esto, porque consideran que así…¿como se dice?…"fan país" y, perdone que me ría, así nos enseñan a los de Madrid. Eso mismo dijo: "quinindiola"…ejque estos gallegos! Hai que ver como son ustedes, vivan como gallegos, mujer, vivan como gallegos, que hay que ver lo bonito que es esto. Yo mismo aproveché el viaje para comprarme una chocita a pie de playa ahí al lado de Vigo en…
Chuza!: "O concello da Coruña pretende que o galego sexa a primeira lingua oficial"
Galiciae: "Acordo para reclamar a transferencia de tráfico"
La Voz de Galicia: "Detenida la mujer que acuchillo a su marido en su domicilio de Cangas"
A Nosa Terra: "A arroutada de Touriño"
Vieiros: "Cando xoga Galiza hai que encher o estadio"
Se queren que lles conte algo
fagan o favor de ir pagando o canón no unto do rapás
As árbores
deixan ver o bosque
A súa xenreira revirou contra del. Rematou por ser antagonista de seu. Escorregou polo sumidoiro e pensou:
Uns individuos A procuran material explosivo, confeccionan unha bomba e fan que estoupe ocasionando danos materiais.
Uns individuos B procuran material explosivo, confeccionan unha bomba e fan que estoupe ocasionando danos materiais.
Os individuos A forman parte dunha organización política e colocan a bomba con finalidade política.
Os individuos B forman parte dunha peña de colegas e colocan a bomba por pasalo tempo.
Os individuos A son terroristas.
Os individuos B son gamberros.
Preguntas:
1) Cal é a diferencia entre os individuos A e os individuos B?
2) Cal é o motivo de que os individuos A sexan considerados terroristas?
Hoxe estou moi felís. O presidente do gobierno de españa vén de dicir que, se gaña as eleccións, vai suprimir o imposto sobre o patrimonio. O millón de pobres que neste reino somos estaremos máis desafogados. Os veciños da casopa do lado, a familia botín, están chimpando de ledicia. Non importa nada que despois nos suban o IVE e as taxas sobre combustibles, que haxa menos becas e a atención nos hospitais públicos sexa máis deficiente. Co que aforraremos de non pagar o imposto do patrimonio, poderemos facer frente a calquera destas subas, mandar os fillos a estudar fora e ir a medicos privados. Grazas.
![]()
E xa postos, home, fágalle a competencia ao Mariano e rebaixe tamén o IRPF. Ao 5% dos ingresos por calquera concepto. E suba o IVE ao 30% para que así os que máis consuman máis se fodan.
Pero iso si, señor conzeta, baixe o imposto sobre o alcol, porque é o producto que nos vai facer máis falta.
P.S: Aproveito ésta para dicirlle que no 2004 había que botar ao Aznar, pero desta volta, e polo que fai a min, xa te pode votar ATPN