baixa política
Uns individuos A procuran material explosivo, confeccionan unha bomba e fan que estoupe ocasionando danos materiais.
Uns individuos B procuran material explosivo, confeccionan unha bomba e fan que estoupe ocasionando danos materiais.
Os individuos A forman parte dunha organización política e colocan a bomba con finalidade política.
Os individuos B forman parte dunha peña de colegas e colocan a bomba por pasalo tempo.
Os individuos A son terroristas.
Os individuos B son gamberros.
Preguntas:
1) Cal é a diferencia entre os individuos A e os individuos B?
2) Cal é o motivo de que os individuos A sexan considerados terroristas?
