CdC no lixo
É que hoxe buguinestor me enviou un bonito almanaque de mesa por correo ordinario persoalizado-como mola-, como supoño que faría a toda a cidadanía compostelá. O almanaque viña cheo de imaxes da cidade da cultura -en construcción- semellantes á que encabeza a web do concello, veja aquí:
![]()
Unha, que é moi brutiña de dios, tivo a reacción de botar ao lixo o almanaque con sobre e todo. Foi tanta a raiba: "en que foden os cartos dos impostos", "a quen queren engañar?", "que fixen para ser gobernada por estes gilipollas?…hostia!…votalos!…voteinos caghondios!"; que o almanaque foi á bolsa da merda dos gatos. Que, se non, era para voltarllo en correo ordinario persoalizado-como mola-.
