pingheiras

March 14, 2008

(G)lobal(tom)izados

Filed under: Uncategorized, ghoteiras

Desde onde vivo podo estar en Londres, Barcelona ou Madrid nun par de horas por poucos cartos.

Para ir visitar aos meus país, que viven a 17 kms. é imprescindible ter coche. Ou coller un autobús ás 12 do mediodía, andar tres kms e agardar, despois de andar outros 3 kms, a ter un bus de volta ao día seguinte ás 7 da mañán. Tamén podo ir e volver en taxi ou alugar un carro por un prezo un chisco máis caro do que me leva ir a Madrid, Londres ou Barcelona.

 

O goberno está a facer AVEs e a empresa que fai o servizo a 3 kms. da aldea o vai suprimir, porque non é rentable. Cos cartos do AVE a Madrid non poderían subvencionar servizos de transporte ás aldeas ou canda menos darlles cobertura teléfonica ou de internet?

Pregunto, máis que nada, porque a min non se me perde nada en Madrid e na aldea teño familia e, según a Xunta, futuro. Aínda que polo que se ve, mellor será abandonar aos vellos e á aldea e emigrar, a toda hostia, a Madrid, Barcelona ou Londres.

 

Cosmopolitismo e progreso! 

 

March 13, 2008

España

Filed under: Uncategorized

Para tentar comprender un chisco a ese

 

ente que non existe, pero que nos abafa, vexa.

March 9, 2008

Vota!

Filed under: ghotas

1- Pecha a man nun puñado

2- Extende só o dedo medio,  todo canto che dea

3- Amósao

Xa está. Es unha cidadá tan boa coma outra calquera.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers