(G)lobal(tom)izados
Desde onde vivo podo estar en Londres, Barcelona ou Madrid nun par de horas por poucos cartos.
Para ir visitar aos meus país, que viven a 17 kms. é imprescindible ter coche. Ou coller un autobús ás 12 do mediodía, andar tres kms e agardar, despois de andar outros 3 kms, a ter un bus de volta ao día seguinte ás 7 da mañán. Tamén podo ir e volver en taxi ou alugar un carro por un prezo un chisco máis caro do que me leva ir a Madrid, Londres ou Barcelona.
O goberno está a facer AVEs e a empresa que fai o servizo a 3 kms. da aldea o vai suprimir, porque non é rentable. Cos cartos do AVE a Madrid non poderían subvencionar servizos de transporte ás aldeas ou canda menos darlles cobertura teléfonica ou de internet?
Pregunto, máis que nada, porque a min non se me perde nada en Madrid e na aldea teño familia e, según a Xunta, futuro. Aínda que polo que se ve, mellor será abandonar aos vellos e á aldea e emigrar, a toda hostia, a Madrid, Barcelona ou Londres.
Cosmopolitismo e progreso!
