Enghañáronse
Pois si, o senhorinho da foto é o secretario xeral da patronal alimentaria que onte facía unhas declaracións co motivo dos expedientes sancionadores, que lle abriu a varias industrias das cousas de comer, a Comisión Nacional(ejpanhola) da Competencia.
Este homiño berraba moi alporizado pola inxustiza que lle facía aos seus representados o goberno, que xa se sabe que os industriais capitalistas alimentarios son xente que non pacta subas artificiais dos prezos dos productos que comercializan, e non teñen ningunha culpa da miseria dos productores agrarios nin dos abafos das consumidoras.
Eu escoiteino no arradio dicir que os empresarios alimentarios non podían ser o chivo emisario da incompetencia do goberno. Xuro que o escoitei en varios partes horarios da RG coa súa voz orixinal. Se teñen paciencia procuren nos arquivos radiofónicos, porque na prensa escrita de hoxe reproducen as declaracións dicindoquedixo chivo expiatorio.
Así que ou escoito voces, ou temos unha prensa tan boa e xenerosa que corrixe os erros léxicos das xentes de bo berce. Se fan isto con calquera chorrada coma esta, que non manipularán con outros detalles máis importantes. Hostia!, co ben que me acae o chivo emisario.
