Boa defensa

May 26, 2008

Dixo un membro do clan do oso tabernario: "Si, son unha merda, písame se tes ghuevos!"

A terceira

May 22, 2008

Dúas novas falan dos que xa non son deste mundo: un maior de 70 que foi detido por ir coller dúas botellas de viño a unha casa. A propietaria dixo "Habelas pedido"…habíallas daremoticon. E outro da mesma quinta que foi detido por conducir sen carnet. A veciñanza dixo que era un home prudente que nunca tivera un accidente.

Esta xentiña está afeita a un mundo no que, se tiñas sede do que fora, pedías de beber e dábanche e onde para saber conducir había que ter sentidiño e non un carnet. Non son deste mundo

Pásame diante!

May 15, 2008

Si, fáloche a ti. HOYGA! O domingo hai en Compostela unha concentración de xente moi ghrandirma para defender a lingua dos teus pais, a lingua dos teus avós.

Ti, pailaroquiño, que te cres moi finolis e eleghante porque traballas ou estudas nunha vila, ou nunha das dúas cidades que hai en Galiza, e que arreneghas da túa familia, da túa aldea e dos teus devanceiros, porque xa pensas que es alguén por falar en español; vente o domingo pola mañán a Compostela e mira que xente e que forza.

 

 

 

Aí, se cadra, te decatas do que é ser elegante e aprendes a respetarte a ti mesmo. Veña! PÁSAME DIANTE!

Galeguidades

May 14, 2008

 

Últimamente los gallegos no te ganamos para disgustos…merda! que fago escribindo en español?…ou castelán…non?. Dícia que hai que ver, non só unha tenista galega se ve afectada polas loitas tribais no Líbano, senón que ademais quince galegos sentiron o terremoto en China. Estes paisanos estaban a 300 kms da zona do sismo e foron evacuados(sic) a Xanghai onde se atopan ben e estan de compras

Menos mal que só morreron milleiros de chineses, pero non hai ningún galego, español ou castelán afectado.

Ai!, que duro te me es viajar por las colonías!…e dalle co español…bueno castelán…non?

Imperio pequeno

May 12, 2008

 
En el día de hoy tropas del glorioso ejercito colonial español han rescatado a tres señoritas de buenas familias, españolas, que se encontraban en una delicada situación en medio de las guerras tribales que azotan al oriente próximo. Arriba Espanña! 11 de mayo de 2008.