Adios
Warning: Isto non é un blogue gastronómico
Vai unha receita propia por ter un detalle:
Para cear e saír quente da casa. Podemos chamarlle revolto de cabacíño ao allo porro sobre leito de queixo se imos de finolis, aínda que eu chámolle o cabaciño quente ou crumbled hot dildo se ides de cociñeiras internacionais
Ao que imos: temos que quecer nunha tixola un pouco aceite –non moito porque ha ir todo para o corpo- e aí lle botamos o branco dun porro ben ghrande picado en lonchas e despois medio cabaciño dun tamaño xeitoso –nin moi aló, nin moi acó- en cadradiños miúdos para que se desfaga axiña engadindo aos poucos a cantidade de auga estrictamente precisa para que non se queime. Removemos a lume lento ata que nos teña boa pinta e aí lle botamos o sal e a pementa que quixer, pouco sal que despois tira polos cubatas e pementa abonda pra ir quentes e lerchas.
Sobre a masiña escalfamos dous ovos (de ghaliña) pero non os deixamos callar, senón que os batemos con todo. Cando temos o revolto botámolo nun prato sobre unhas lonchas gordas de queixo de cabuxa para que se desfaga coa quentura da fritanga.
Compre papalo con pan da véspera (Tamén vale unha barra do día se vives nunha vila) e con viño albariño sen etiquetar. Se en troques de ir quentes, queredes ir directamente cachondas, botádelle unha guindilla (unha, eh!) cando lle acheguedes o sal e a pementa ou no sitio da pementa. Coas especies cadaquén xa saberá o que lle presta.
Compoñentes:
1 porro
1 cabacín
2 ovos de galiña
Queixo de cabuxa
Sal
pementa
ghindilla
aceite
auga
outro warning: Esta cea precisa de posteriores disolventes e refrescantes
Este ano, como todos desde 1975, diversos grupos acudirán a diferentes puntos do reino de españa, mesmo igrexas, a homenaxear a Francisco Franco Bahamonde.
![]()
Ah, que ese señor non foi un terrorista?
Só o anterior jefe del estado
Que trouxo ao actual jefe del estado
Que trouxo a democracia
Franco era demócrata!?
Despois daquelo viñeron moitas boas novas e demasiadas decepcións. Aínda así, botamos raíces e coa merda temos que facer esterco co que seguir medrando.
![]()
Éste foi o principio.
Hoxe escoitándoa o nivel de baba case me afoga. Como radio PP, pero ao revés. Ha ser moi difícil facer unha radio intelixente.
Ímolo achar de menos, cando nos decatemos de que o
![]()
herdeiro nola estea metendo dobrada
Escoito na radio as declaracións duns turistas tirados por Ryanair en Ciampino (ou algho así).
![]()
E vai unha e di: "qué pasa? que tenemos que coger una patera y bajar por el Tiber y ir a Canarias para que nos hagan caso?" (sic, en español, no orixinal). Sen comentarios.
Nunha inspección rutineira, algunhas cidadás compostelás, que miran pola moral e os bos costumes, atoparon no pleno centro da capital de Galiza un local sadomasoquista. Pendurada das portas había camisolas co lema “Sin dolor no hay gloria” (sic, en español, no orixinal) sobre o debuxo duns pés feridos, o que revela tamén calquera caste de actividades fetichistas que se poden desenvolver no local.
![]()
O local atopase a carón dunha macrosala do sado a onde acoden a cotio centos de persoas a exteriorizar as súas dores.
sempre que este señor d’afoto máis eue nos miramos aos ollos, penso que o peor dos animais é moito mellor persoa que a mellor das persoas.
Aínda que sei que iso non é certo de todo