Antro sadomasoquista en Compostela
Nunha inspección rutineira, algunhas cidadás compostelás, que miran pola moral e os bos costumes, atoparon no pleno centro da capital de Galiza un local sadomasoquista. Pendurada das portas había camisolas co lema “Sin dolor no hay gloria” (sic, en español, no orixinal) sobre o debuxo duns pés feridos, o que revela tamén calquera caste de actividades fetichistas que se poden desenvolver no local.
![]()
O local atopase a carón dunha macrosala do sado a onde acoden a cotio centos de persoas a exteriorizar as súas dores.
