gh-astronomía

November 18, 2008

Warning: Isto non é un blogue gastronómico

Vai unha receita propia por ter un detalle:

Para cear e saír quente da casa. Podemos chamarlle revolto de cabacíño ao allo porro sobre leito de queixo se imos de finolis, aínda que eu chámolle o cabaciño quente ou  crumbled hot dildo se ides de cociñeiras internacionais

Ao que imos: temos que quecer nunha tixola un pouco aceite –non moito porque ha ir todo para o corpo- e aí lle botamos o branco dun porro ben ghrande picado en lonchas e despois medio cabaciño dun tamaño xeitoso –nin moi aló, nin moi acó- en cadradiños  miúdos para que se desfaga axiña engadindo aos poucos a cantidade de auga estrictamente precisa para que non se queime. Removemos a lume lento ata que nos teña boa pinta e aí lle botamos o sal e a pementa que quixer, pouco sal que despois tira polos cubatas e pementa abonda pra ir quentes e lerchas.

Sobre a masiña escalfamos dous ovos (de ghaliña) pero non os deixamos callar, senón que os batemos con todo. Cando temos o revolto botámolo nun prato sobre unhas lonchas gordas de queixo de cabuxa para que se desfaga coa quentura da fritanga.

Compre papalo con pan da véspera (Tamén vale unha barra do día se vives nunha vila) e con viño albariño sen etiquetar. Se en troques de ir quentes, queredes ir directamente cachondas, botádelle unha guindilla (unha, eh!) cando lle acheguedes o sal e a pementa ou no sitio da pementa. Coas especies cadaquén xa saberá o que lle presta.

Compoñentes:

1 porro

1 cabacín

2 ovos de galiña

Queixo de cabuxa

Sal

pementa

ghindilla

aceite

auga

outro warning: Esta cea precisa de posteriores disolventes e refrescantes

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://pinghas.blogsome.com/2008/11/18/gh-astronomia/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.