Israel=nazismo
![]()
Xa hai anos un xenial fillo de puta deixou escrito o que mirou. Pouco mudaron as cousas desde entón, se cadra a peor.
![]()
Xa hai anos un xenial fillo de puta deixou escrito o que mirou. Pouco mudaron as cousas desde entón, se cadra a peor.
Seguimos na mesma.
Á xenreira provocada pola vixencia do nazismo e a hipocresia dos gobernos europeos, xúntase o desprezo polos pichastristes que apoian o terrorismo.
Vexa aquí
Viva a vontade democrática do pobo palestino!
Hai que aproveitar este tempo en que todos estamos facendo o parvo e enchendo o bandullo, quen pode, para facer algunhas consideracións de relevo (4*100). En breves avanzaremos rubros fundamentais da nosa programación polo que é preciso deixar claros alguns factos: a saber, Galicia loitou arreo nos últimos anos por acadar a dependencia absoluta.
Para ser unha nación hai que ter ou loitar por ter independencia política.
É algo impepinable: todas as nacións do mundo, todas, conqueriron ou aspiran a obter a súa independencia política. Galicia non.
Vascos e cataláns, falamos deles polo aquel de ser os máis acheghados, se declaran nación e afirman que o seu fin último é a plena independencia política para despois federarse ou non con quen lles pete; e asumen, con toda naturalidade, que a autodeterminación é un dereito fundamental dos pobos, como o divorcio é un dereito fundamental das persoas físicas e psíquicas. A pesares de que o reino de España lles impón unha violencia de xénero constitucional, elas Catalunya e Euskalherria seguen a loitar por ser independentes e hai forzas políticas abertamente independentistas que gozan de amplo apoio e prestixio. E todas, todas, as forzas políticas (agás os fascistas españois xaora) recoñecen e loitan polo dereito á libre autodeterminación.
En Galicia non nos declaramos nación, nin tampouco che dicimos que non. Ou sexa nos imos e vimos co vento para que nada se mova. Temos uns nacionalistas moi riquiños que loitan por un estatuto de nación, seica, pero non vaia ser que nos afecte á gobernabilidade, ou sexa ao peto. Así que se non pode ser hoxe, xa será mañán ou senón pasado mañán, mentres sacamos a procesión o facho autodeterminista o día das arengas. Non porque teñamos dereito, senón porque á militancia lle pon.
Pero nada de independencia, iso é cousa de radicais extremistas e bombeiros toureiros. É certo tamén que o independentismo galego que se percebe…vaia por dios ou pola virgen se é o caso.
Polo tanto, como o país existe pero non se ve -como a santa compaña-, como as forzas políticas parlamentares pregoan a nazón de breogán, pero non cren nela (aínda dicindo que habela hayla) e como as forzas independentistas son parvas en todos os sentidos, chegamos á poderosa conclusión de que Galicia non quere ser libre, de que quere ser dependente, de que quere que a fodan e a manteñan.
É importante ter isto claro e facer o parvo con disimulo, pois nestes temas sempre estás exposta a que che caighan unhas hostias, asistindo aos días das arengas e a todos os eventos patrióticos que poidas mantendo a ficción de que aspiramos a algo máis. Se cadra o patrón colle medo a que lle botemos ratibrón no colacao e poderá subir a asignación mensual para perruquería e botar algho de lubricante cando nos queira sodomizar violentamente.
Tede esto en conta porque a constatación deste feito vai ser determinante para a definición das nosas políticas facendo o parvo.
![]()
E non deixaremos de soñar con Galiza independente.
Botámoslle un descansiño no FOP, pois non ten moito xeito chamar a facer o parvo, cando a todas nos sae de seu nesta época de paz, amor e tontería.
![]()
E aproveito estas datas para desexarlle un merecido descanso en paz a Juan Carlos, que supoño que despois do tremendo esforzo de ponunciar o seu discurso de marcos incomparables, cuerpos y fuerzas de seguridad del estado, fuerzas armadas y sus sacrificos en el exterior y su profunda solidaridad y la de sus amigos capitalistas con aquellos que sufren penalidades y dificultades económicas, iuuuuuu (collemos aire) poderá relaxarse en Baqueira Beret ou perseguindo aos fillos putativos de Mitrofán.
Menos mal que alguén di algo cun pouco sentidiño, pero ti tranqui Juancar e tómalle outra que, coma sempre, pagamos nos.
Non estamos a falar de virar todas narcisistas…que tamén. Se trata da nosa política agraria, que ha ser -se o pobo unido quer- unha política contemplativa. Baixo o lema O RURAL É BONITO desenvolveremos un serial de estratexias que lles han prestar tanto ás persoas de idade que resisten no rural, como a aquelas persoas ás que o rural lles mola (ou lles pon, que hai de todo).
Se trata de favorecer a agrupación de xentes rústicas en Unidades de Xestión do Rúral (UXRULES). Estas agrupacións étnicas recibirán todas as axudas da ghobernasión en forma de subvencións permanentes a fondo perdido para calquera cousa a cambio de que presten servizos á comunidade: As UXRULES deberán conformar un espazo físico cheio de natureza autóctona, calor, frescor e simpatía para dentro de unhas décadas ser os oásis (
) do noso afeitizado PAÍS.
![]()
Un modelo de UXRULES no afoto
Alén dese proxecto estelar para a vindeira lexislación, o noso ghoberno abandonará calquera caste de timidez e implantará o Banco de Patacas, O Banco de Leñas (con sección de aproveitamento de pinhas) e o Banco de Leite. Na seguinte lexislatura crearemos novos bancos onde se poderá apuntar todo quen queira na interné para adivertirse e pasar o tempo, alugando e desalugando a un prezo máis baixo do que pactan as persoas sen a intervención de ningún banco. Pero temos que crear moitos bancos a ver logo onde imos colocar aos excedentes funcionariais.
Un terceiro eixo da nosa política vai a ser a promoción de visitas de mozos e mozas bonitos ao rural. Baixo o lema Volve ao rural levaremos a bonitura ao rural, preferentemente en 4x4 e quads, creando así un marco de beleza incomparable.
Como calquera leitora intelixente terá comprendido estas medidas son de cara á galería, pero non é doada a ruptura coas liñas de actuación en tantos anos de desgobernos anteriores e como estamos na era da trola sempre hai que armar un pouco.
De calquera xeito o groso da nosa política neste eido quedará en evidencia, ou sexa farase evidente, cando manifestemos a nosa política cultural. Quedai con iso: UXRULES, bancos a tutiplen e volta ao rural porque…O RURAL É BONITO
Hoxe íamos publicar a nosa 3ª medida estelar, pero o insospeitado e sorprendente anuncio do presidente vixente e vigoroso da Xunta de que o día máis parvo do ano vai ser o 1 de marzo nos enche de ledicia pois a IIª fase da campaña electoral -a dos pallasos- vai cadrar co antroido…ummmmm!
1 DE MARZO: A FACER O PARVO!
![]()
cando nos recuperemos de este orgasmo de anticipación, falamos
Ningún movemento pode ter suceso sen contar con petrucios, próceres e mitos. Un dos máis grandes mitos e dos próceres supremos do noso abenzoado país foi Pero Pardo de Cela. Por qué vén a conto?
![]()
Pardo de Cela - que non era de Sela- fixo o parvo abondo. Sen pensar que apuntarse ao bando RRCC lle tería dado un gran futuro na America ou no grande imperio español, defendeu o seu e aos seus facéndose un rebelde e un repunante. Non é extraño que haxa quen se lle imite.
E ademais hoxe é un grande día para a PATRIA: o a serio medio S.O.Q.N.F.N.U.DXXV.A, máis coñecido por seioque vén de acadar un espantoso suceso co achado da tomb do noso heróico marechal.
Loor a Pardvo de Cela! Que a súa luz nos guie no noso vieiro asfaltado. Sempre e coma el fagamos o parvo!
Non podemos deixar de ter en consideración as sabias consideracións dunha das mentes máis sabias que se poden dar nun país tan feitiño como o noso: As autovías, autoestradas, estradas (estatais e autonómicas), e vías, vieiros, pistas e pisteiros da deputación, municipais, forestais e camiños privados deben estar ben asfaltadas, peraltadas, limpas e en estado de revista.
Despois de séculos de desgoberno é chegada a hora de que nos fagamos cargo do asunto. Non podemos adiantar en que consiste o fin último do noso plan de estradas, viais e vieiros porque é ALTO SECRETO….ALTO, ALTO. A penas apuntar que está relacionado coa nosa política cultural e a nosa visión do futuro que agarda a esta nosa terra, un futuro elevado.
![]()
O que si temos claro é cal será o orzamento e as fontes de financiación. As obras serán de balde: chapapote+voluntariado, máis a veciñanza que terá que botar unha man, digho eu non?. Canto ás comisións non teñan mágoa que renunciaremos a elas. Formaremos un goberno íntegro!.
Aínda que se nos cae algo no peto nos faremos o parvo
E como te has mobilizar: mercando coches e rodar e rodar consumindo sen parar.
Nada de medidas mornas, nin promesas baleiras. Desde o FOP sabemos que hai que facer para superar a crise, loitar contra o quecemento (do planeta) e salvar ao buque insignia do PAIS FEITO e polo QUE APOSTAMOS: CITROËN.
Ao día seguinte da nosa chegada á ghobernasión desenvolveremos un agresivo programa en tres pasos (medidos):
1.-)censo de familias, parellas de feito e solistas que non teñan coche. Serán declarados malos cidadadáns, delincuentes e antipatriotas. Se lles quirira para que merquen un carro para o cal arbitraremos dúas medidas fundamentais: a) DXT galega que agasalle carnets de conducir sen custo e non como a DGT española que os agasalla cobrando e b) o ghoberno lle pagará o coche ao concesionario. O usuario pagará o mantenemento. En caso de que os delincuentes non fagan caso serán re-quiridos.
2.-)expatriación de quen non veña á razón (xa hai que ser tuzaro, tendo en conta que o goberno nacionalizará a gasofa que será de todos os galegos e todas as galegas). Sentimos ser drásticos, pero un individuo que non acepta que lle agasallen un coche e un carné de conducir non é normal. Polo tanto, para España!
3.-)finanzaremos toda esta operación deixando de edificar a décima parte do complejo do monte gallás. Ese diezmo será alugado a un consorcio anglo-portugués, que algho farán alí, sendo como son, xente divertida.
Xa sabes, se queres ser patriota, vota-vota-vota. Se non, Fai O Parvo