3ª medida estrela: contémplate

December 19, 2008

Non estamos a falar de virar todas narcisistas…que tamén. Se trata da nosa política agraria, que ha ser -se o pobo unido quer- unha política contemplativa. Baixo o lema O RURAL É BONITO desenvolveremos un serial de estratexias que lles han prestar tanto ás persoas de idade que resisten no rural, como a aquelas persoas ás que o rural lles mola (ou lles pon, que hai de todo).

Se trata de favorecer a agrupación de xentes rústicas en Unidades de Xestión do Rúral (UXRULES). Estas agrupacións étnicas recibirán todas as axudas da ghobernasión en forma de subvencións permanentes a fondo perdido para calquera cousa a cambio de que presten servizos á comunidade: As UXRULES deberán conformar un espazo físico cheio de natureza autóctona, calor, frescor e simpatía para dentro de unhas décadas ser os oásis (emoticon) do noso afeitizado PAÍS.

Un modelo de UXRULES no afoto

Alén dese proxecto estelar para a vindeira lexislación, o noso ghoberno abandonará calquera caste de timidez e implantará o Banco de Patacas, O Banco de Leñas (con sección de aproveitamento de pinhas) e o Banco de Leite. Na seguinte lexislatura crearemos novos bancos onde se poderá apuntar todo quen queira na interné para adivertirse e pasar o tempo, alugando e desalugando a un prezo máis baixo do que pactan as persoas sen a intervención de ningún banco. Pero temos que crear moitos bancos a ver logo onde imos colocar aos excedentes funcionariais.

Un terceiro eixo da nosa política vai a ser a promoción de visitas de mozos e mozas bonitos ao rural. Baixo o lema Volve ao rural levaremos a bonitura ao rural, preferentemente en 4x4 e quads, creando así un marco de beleza incomparable.

Como calquera leitora intelixente terá comprendido estas medidas son de cara á galería, pero non é doada a ruptura coas liñas de actuación en tantos anos de desgobernos anteriores e como estamos na era da trola sempre hai que armar un pouco.

De calquera xeito o groso da nosa política neste eido quedará en evidencia, ou sexa farase evidente, cando manifestemos a nosa política cultural. Quedai con iso: UXRULES, bancos a tutiplen e volta ao rural porque…O RURAL É BONITO

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://pinghas.blogsome.com/2008/12/19/p142/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.