limiares: galicia es una mierda

January 12, 2009

que xa o dicían. Tamén estoutro, para que logo me digan que este blog é tal e cual.

Outro dos aspectos fundamentais para o desdeño da nosa proghramasión é o feito de que o pobo galego, na súa desperada loita pola dependencia, acredita moito en que o seu suposto país -galicia- es una mierda. Dito así, en español, non sona nada mal, pois en caso de errar sempre lle podemos botar a culpa a quen nos fode e nos mantén.

O pobo galego é un fero defensor do seu. Para alén dos marcos xa se pode botar o lixo, prender lume, apañar a froita, coller berbericho e facer todo o que lle pete, tirando o máximo proveito posible e procurando botarlle a culpa da desfeita a outro, ou no peor dos casos ao goberno. E porque isto é así? porque galicia es una mierda y total!

Polo tanto F.O.P. vai seguir as ensinanzas e a escoitar a poderosa voz desta boa nazón de breogán: cada galego, e galega e logo!, vai poder edificar, perforar, sementar e apañar onde lle saia do carallo ou da perrecha. Na seguinte lexislatura xa se nos ocurrirán maís verbos rematados en -ar. Para disimular imos modificar as leis do solo, da vivenda, do medio rural (que bonito é!), do mar e da costa e a levar quentura ao parlamento no debate desas leis que encherán amplos espazos nos xornais, na TV e nos arradios, para que se vexa que, aínda que merdáns, temos cultura democrática.

Que ninghén se preocupe, non imos aumentar o control nin as inspeccións para asegurar o cumplimiento de las leyes que iso custa unha pasta e a necesitamos para financiar aos medios que nos comen a orelliña, pois (como galicia es una mierda) sabemos que así como arelamos a dependencia, tamén nos gusta sentirnos importantes e que nos digan que somos a rehostia, pero iso queda para outro limiar.