e limiares: Galicia éche unha suprapotenzia

January 13, 2009

Non é coña.

O estrago do noso fermoso rural, o arrase das nosas bucólicas rías, a queima sistemática dos nosos verdes castros a base de lume e alcolitros, o desartellamento do noso rexo e precario tecido industrial…non son circunstancias que couten o desenvolvemento sostible do noso vigoroso PAÍS.

Hai que ter sempre en conta que Galicia é o país que máis huevos lle bota. Velaí a tortilla de Carcacía. Sempre-sempre hai que falar en termos eloxiosos dos galegos e galegas e da nosa terra bonita.

Uns jipis da cruña berraban hai uns anos que primeiro o orgulho e despois o bandulho. Erro de vulto: o noso lema é e será sempre AO ORGULHO POLO BANDULHO. Pode haber no mundo país máis fachendoso que o noso? Onde hai máis festas gastronómicas? Quen é maís de explorar ás nosas mulheres, aos marroquinos ou aos chineses que o noso heroico e riquísimo empresariado patriota? de onde son os homes máis fodedores? e as mulheres máis melosas e riquinhas? quen xoga o melhor futebol da galaxia?

O noso sabedor pobo soberano sempre ten a moral alta, porque despois de darlle a un bo churrasco, meterlle unhas xerras de Mencia e desentullar cuns tróspiros de herbas ou LK, quen non sente o orgullo patriótico ghapeándolle pola gorxa?.

A mantenza e a matanza serán sempre eixos axeitados da nosa política. Por iso Galicia foi, é e será  ao mesmo tempo unha suprapotenzia y una mierda. Comendo, matando (puchos-pitos-cochos) e loitando pola absolut dependencia de españa ou, se non nos queren, de portugal F.O.P. dará satisfacción ao corpo electoral e ao cera, a todos!…se é que as galegas somos a rehostia. Tu.