O peto da patria I

January 19, 2009

Non pode haber programa electoral sen contar co finanzamento necesario para acadar os obxectivos fixados polo programa…hai que ver que parvadas escriboemoticon, polo que nos temos que ter un ansia previa a calquera programa: xuntar pasta!.

Naturalmente contamos cos cartos que nos otorga a nosa pmae patria e a europa, pero nos dá o corpo que non nos van chegar a pesares dos heróicos esforzos do vicepresidente e dos afanes, traballos, faenas de O Presidente.

Tamén sabemos que os aforros dos vellos marcharon en carros, hipotecas, vodas e viaxes e que, aínda que haxa leiras pra vender, xa non hai cristo que as compre, despois de tantas décadas de modernizarnos.

E é onde vai a actuar o noso ghoberno!. Xa que a terra non vale nada, polo menos que non dea ghastos, así que o ghoberno alugará todo o país non edificable a prezo de banco de terras (a.k.a. bantegal). A única condición será que os propietarios terán que vivir en terras edificables.

Faremos unha campaña baixo o lema Modernízate: todo dios a pasar diante para as vilas e urbes coa cal en cinco anos acadaremos un rural deserto de xente agás elementos etnográficos (a.k.a. UXRULES)

cal guerra?

 Por qué lle chaman guerra ao exterminio dun pobo desarmado -que se defende co que pode- por un pobo armado polo imperio para a defensa dos imperiales intereses?