O peto da patria II

January 22, 2009

Con qué fondos imos acadar o carto abonda para financiar o desprazamento masivo de poboación do rural inhóspito aos terreos edificables?: coas rendas que imos percibir polo arrendamento das terras, agás UXRULES, ás empresas que fixeron, fan e farán PAÍS: Ence, Fenosa, Endesa…Patriotas galegas!.

Certo, a pasta virá desas empresas e nos lles transferimos unha pequena parte aos propietarios da terra cun agasallo diario de superpiñeiro e gaioso en prime-time da TVG2 (tv cultural). Si, xentinha, outros prometeron, pero nós imos facelo unha 2ª canle de tv pública aberta á cultura e para a cultura. Na primeira TVG só se emitirán informativos, futbol e productos imperiais. Na 2ª canle haberá enterteinmén cultural -como o xa citado- telenovelas e series autóctonas. Unha TVG como a que o PAÍS quere.

Dicíamos que as empresas arrendatarias non só van fornecer o carto para desaloxar que o pobo galego do rural acade un mellor tren de vida nos territorios edificables, senón que ademais deberán comprometerse a crear un marco de beleza incomparabel: encher os cumios de ferralla, as abas de eucaliptos e mimosas que son moi bonitas no antroido e os vales e ribeiras de materiais recicabeis (ou non, tanto ten) que non se podan almacenar nas urbes. Todo isto denantes do 2º xacobeo a partires de hoxe.

Coidamos que en 2050 teremos o cadro que anceiamos para desenvolver o noso gran proxecto, un proxecto que ri-ti do complekso do gallás, unha obra de xigantes que non é outra cousa a que a PATRIA e os que han vir nos demandan.

Como o emperador, nós tamén vos pedimos esforzo e sacrificio para acadar estes loghros. Así que, meus, ide facendo a maleta.

eis

Para bulir e aventar. Teño que reproducir un parágrafo:

RESPECTO: Aquí hónrase os anciáns e os os nenos son tratados como iguais. Aló, os nenos son elevados á categoría de emperadores minusválidos e os anciáns son arquivados na sección de fóra de temporada. Aquí respéctase a palabra dada e convértese en verdadeira ao camiñala. Aló, as palabras que non leve o vento é porque pesan coma lousas mortuorias ou péchannas baixo os grillóns do politicamente correcto. Acó fálase de democracia cando avanza o colectivo sen que a persoa fique atrás. Aló érguense museos de cera ao sufraxio universal, maiorías que dictatorean so bandeiras de rendibilidade.