revolta
Levo toda a mañán aturando a pais e nais indignadísimos porque teñen aos nenos na casa por mor do peche das escolas por causa do temporal. Está xente tan preocupada pola seguridade dos seus fillos (pero máis preocupada por non perder un euro co que ir ao corte inghlés o sábado) berra que eles non teñen porque ver a TV nin ter internet para enterarse da suspensión das aulas. Agardan que a conselleira llo vaia notificar ás súas casas. Como ao final non haxa o temporal que anuncian os meteos, vai ser a de sanquintín.
Quen se está cabreando son eu ao comprobar a estulticia galopante do persoal globalizado. As que somos antiguas e retrasadas metémonos na casa (a carón do lar) cando hai neve ou xeo na estrada ou cando vai ghalerna. Pode que perdamos un xornal ou dous, pero mal será que a nosa saúde e seguranza non se vexan garantidas meténdolle un chourizo e un ghoto ao pe das brasas.
A xente moderna cre que domina a natureza. Non está mal, se non fora porque, cando esta as manca, tes que aturarlle os choros e as peticións de solidariedade. Listos!, que sodes uns listos.
