politica cu(l)tural III

January 29, 2009

Vaia lâ, habemos solucionar con tempo o falso conflito lingüístico da lingua galega vs. lingua española e isolo-castrapistas vs. reintegratas-ghastapistas. Porque ese conflitos só o poderán superar as circunstancias.

 

Mediante Dios e a nosa política gutural, as metropolis galegas van estar dominadas por un babel de linguas en base a mensaxes publicitarias, mensaxes sublimais e mensaxes sub-liminais. De feito a escala social contará cun novo elemento diferenciador: na parte alta estarán aqueles que falen e comprendan todos os idiomas nos que estean codificadas as mensaxes ante-ditas e tamén aqueles que non comprendendo nada, fagan coma si e actúen.

Que pasará co galego? Simplemente desaparecería, se non estiveramos nós aquí para evitalo gracias/grazas/obrigado ás UXRULES.

Este conksuntos etnográficos serán o refuxio ideal para as nosas linguas. Alí marcharán en misións de verán (no inverno chove e vai frío) a RAG, a AGLP e unha delegación comercial da APLG, garantindo así o emprego, precario por non variar, de todos aqueles e aquelas licenciados en filoloxía e outros dilectantes que non acaden a licenciatura en filoloxicas. Este programa misioneiro (tamén poderá ir polo Q) será financiado pola incautación dos fondos dos afillados a GB e polas doazóns xenerosas da boa nazón de Breogán e do clube de doantes da CdC.