APOSTAMOS por unha Galiza dona de seu, por unha Galiza de cidadanía ceibe e responsable.
APOSTAMOS
e perdimos
outra vez.
Non imos facer máis forza desta volta. Han vir outros torneos onde contemos con mellor plantel e coa benevolencia dos árbitros.
Remata xaneiro e comeza o entroido, eis motivo abondo para deixar de traballar.
E doutra banda xa se intensifica a campaña electoral das forzas (¿?) políticas, polo cal quedamos exhentos de seguir a campaña para que fagamos o parvo o 1 de marzo. Abonda con escoitar aos demais para tomar esa decisión.
P.S.: A política cultural I?… na altura é preciso que a expliquemos?…Non está clara?: Galiza-California! Pillade un mapa e sustituide San Francisco por Ferrocruña, Os Anxeles por Vigovedra e As Veigas por A Veiga, mirade os seus montes e os seus desertos, as súas metrópolis, as súas industrias, o seu gobernador…
Esta é a política que seguen os tres partidos do parlamento cos seus matices idio-sincráticos. Acadar un país así. O único que nos diferencia deles é que nos o dicimos.
P.S.: Se cadra vimos a facer campaña o 28 de febreiro, porque é ilegal.
