Na tenda
-E ló, María, disfrazácheste?
-Si, fun de político
-E de cal fuche?
-Levaba unha careta, cunha cara por diante e outra por detrás
-……..
- Como fan os políticos
-E os que non son políticos
-E ló, María, disfrazácheste?
-Si, fun de político
-E de cal fuche?
-Levaba unha careta, cunha cara por diante e outra por detrás
-……..
- Como fan os políticos
-E os que non son políticos
Xuntamosnos fachendosos aos parabéns da prensa e da clas política co noso O Presidente á fronte polo nomeamento dun novo ministro galego.
![]()
Con este nomeamento Galicia Vai a Máis, Non Podemos Parar e Queremos Máis. Chegou o momento: Ministro de inXustiza Español: Patriota Galego!
Temos que interromper o noso lecer para saudar con alborozo e deleite a presentación pública do Bloque Socialista Popular.
Extasiadas admiramos como a cidadanía acolle e comprende as nosas mensaxes.
Admiramos a intelixencia do programa do BSP, no canto de levar a cada parroquia o programa cultural de A cultura vai como vai coas tres P (Panorama, París de Noia e Philadelphia) e a barra libre en todas as feiras do libro.
Concordamos plenamente co seu programa de menos cultura e máis infraestructuras: autopistas a cada aldea e dupla liña de TAV a cada lado, porque é o momento…Queremos máis cemento!
En sumo coindidimos con eles na necesidade de que ningunha ría quede sen piscifactoría, sen planta de regasificación -EU TAMÉN SON ESPARTACO REGANOSA- e sen celulosa.
![]()
O que imos ter que negociar é iso de levar tanta vidilla ao rural…precisamos que Galiza conte cun deserto interior… pero todo é negociable…Avante coa dependencia do país! O 1 de Marzo vota ao Bloque Socialista Popular, SI!, FAI O PARVO
Un representante dun partido político legal, polo momento, e concelleiro na oposición vén de proclamar que Compostela é un campo de experimentación para a caleborroca, que os centros culturais Gentalha do Pichel, Henriqueta Otero e Sala Nasa son centros de planificación de actividades terroristas e que o alcalde é cúmplice destas actividades.
Considerando
Que Conde quere que Compostela quede sen actividade cultural libre para que a mocidade encha os templos polo día e as discotecas dos seus amigos polas noites para así tela drogada e dopada para manipulala mellor
Que Conde segue unha estratexia de criminalización da libertade deseñada coa fea e a boba
Que Conde, no momento de facer as declaracións, presentaba síntomas dunha moderada intoxicación etílica
SENTENCIAMOS
Que o sr. Conde sexa absolto dos cargos de fascista, provocador e antigalego á vista de que a única falta que o acusado cometeu foi a de seguir os impulsos que o seu cerebro(¿?) lle ditou.
CONSIDERACIÓN FINAL
A pesares de que os media o tomen en consideración, ningunha persoa intelixente -e este tribunal é intelixente- pode tomar a serio as manifestacións dun imbécil, non sendo outro.
Você tem estudado -no seu livro A Ulfe e em outros artigos- a desapariçom do que chama "civilizaçom labrega" galega. Comecemos, pois, falando sobre isto.
1) O progresso desta destruiçom do campesinato galego ainda se pode seguir hoje. Desapariçom das escolas rurais, liquidaçom da economia camponesa, etc… Poderia-se dizer que neste país se deu um etnocídio?
Nom sei se se pode falar em termos estritos de etnocidio, nom sou mui partidária do radicalismo verbal. Mas em todo caso, seguindo a Karl Polanyi n´A grande transformaçom, si se pode dizer que quando entrou no mundo rural a lógica capitalista convertendo as terras e os homens e mulheres em mercadorias –primeiro com os planos de desenvolvimento e logo com a chamada modernizaçom- a civilizaçom rural sofreu um embate brutal, o que supujo um vazio cultural, e umha falta de referentes, no que nengum grupo social pode sobreviver com dignidade.
Sem dúvida nesta mudança jogárom distintos processos, entre eles a política da ditadura franquista, mas também as política da Xunta quando estava no governo o PP que favoreceu os interesses dos grandes grupos económicos, conservadores e liberais, e que expressava sem vergonha que sobrabam labregos e labregas no rural, dando assim provas da sua escassa valorizaçom dos interesses gerais e do funcionamento democrático.
Esta lógica segue a estar, ao meu juízo, activa hoje em boa medida. Quando me chamam para fazer algum encontro topo com mui poucos, mesmo entre os universitários, que dêm mostra de sensibilidade fronte o rural, e que se dêm conta da sua valia e da sua imperiosa necessidade nom só cara a soberania alimentar, senom também o cuidado da terra e da alimentaçom. Tenho a sensaçom de que tanto para uns como para os outros, independentemente da sua filiaçom política, o melhor é que desapareçam os habitantes do mundo rural, nom se sabe bem para fazer quê. De facto, ainda que em algumhas vilas da costa no verao há mercados locais onde as mulheres vendem frutos da horta que trabalham além de geleias, vinho, aguardente, etc., no interior nem as câmaras municipais, nem a Xunta apoiam com força os mercados locais.
O triunfo do chamado “mercado global” nom deixa lugar aos mercados locais seculares. E o que é pior, o que passou com a aguardente, está a passar também com a matança: está a pôr todos os impedimentos que podem para que desapareça, com a coarctada da higiene e da sanidade, como senom se pudesse controlar o bom estado dos porcos pondo os especialistas pertinentes ao serviço da comunidade rural. Mas polo geral estes seguem a ser mui senhoritos. E os governantes seguem a primar os interesses das grandes superfícies onde abunda a comida basura. A extensom agrária pola sua banda também contribuiu à desapariçom da extraordinária riqueza genética das espécies que tínhamos metendo árvores frutais que supostamente eram mais rentáveis –de novo o critério economicistas- e que passado um tempo deixam de dar frutos. E todo isto reenvia-nos ao problema dos transgénicos…, no que nom vou entrar.
Os distintos agentes sociais que tenhem contacto co rural nom parecem estar dispostos a escuitá-los, a ter em conta os seus complexos e ricos saberes, a fazê-los partícipes nas decisons que atingem à sua vida.
Entrevista á socióloga Julia Varela en galizalivre.org
É o de sempre.
Galicia contou no século XVII cun dos mellores teólogos e inquisidores que produciu a seita católica: Frei Tomás de Lemos. Agora que facemos país, sabemos que este dominico de memoria prodixiosa foi un dos principais alicerces do papado na loita contra os jesuítas e o herexe Galileo Galilei, quen sobstinha a absurda teoría de que o sol era o centro do universo. Frei Tomás sentenciou ao respective: é absurda á filosofía e herética e contradi á Sacra Escritura e aos Santos Pais.
Onde hai razón hai razón e así o ignorante de Galileo foi condanado. Nada se soubo da heróica participación do noso compatriota: Porque os autores españois que escribiron sobre o proceso non falaron del para nada, e os demais tampouco. O único que o fixo foi Alberto Villanueva en 1945, en Buenos Aires afirma o estudoso Carniceiro.
Unha outra vez o imperialismo español tenta afundir o prestixio dun dos nosos máis insignes próceres, como fixeron con Parvo de Cela.
Frei Tomás de Lemos patriota galego!!!