De xusghado de guardia

February 11, 2009

Un representante dun partido político legal, polo momento, e concelleiro na oposición vén de proclamar que Compostela é un campo de experimentación para a caleborroca, que os centros culturais Gentalha do Pichel, Henriqueta Otero e Sala Nasa son centros de planificación de actividades terroristas e que o alcalde é cúmplice destas actividades.

Considerando

Que Conde quere que Compostela quede sen actividade cultural libre para que a mocidade encha os templos polo día e as discotecas dos seus amigos polas noites para así tela drogada e dopada para manipulala mellor

Que Conde segue unha estratexia de criminalización da libertade deseñada coa fea e a boba

Que Conde, no momento de facer as declaracións, presentaba síntomas dunha moderada intoxicación etílica

SENTENCIAMOS

Que o sr. Conde sexa absolto dos cargos de fascista, provocador e antigalego á vista de que a única falta que o acusado cometeu foi a de seguir os impulsos que o seu cerebro(¿?) lle ditou.

CONSIDERACIÓN FINAL

A pesares de que os media o tomen en consideración, ningunha persoa intelixente -e este tribunal é intelixente- pode tomar a serio as manifestacións dun imbécil, non sendo outro.