masoquismo puro e duro

March 18, 2009

e desta volta non o digo eu

Forca

March 17, 2009

a humanidade non será ceibe ata que o último rei sexa aforcado coas tripas do último cura, seica dixo Diderot hai máis de 300 anos…e seguimos.

pregunta e resposta

March 10, 2009

realmente que interés ten soster unha forma de organización política, un corpo doctrinario de tácticas estratéxicas e estratexias tácticas e un discurso tan novidoso como inintelixible formulado por un ou un outro dirixente fracasado?

O vento trae un crecente bramido desde abaixo á esquerda…pero non escoitan o bruar…están xordos

Fixemos o parvo!

March 2, 2009

Que esplendorosa victoria rediossss!!!!.

Pasamos de ter dous vicepresidentes parvos a ter un presidente rematadamente parvo, pode haber maior suckcesso?.

Agora a facer realidade o noso programa de destrucción da nosa naçóm e de dependencia absoluta de España. Xa o proclamaban onte as nosas irmáns en Madrid: Oé, oé, oé Galicia es (la finca) del PP

Como somos educadas, felicitamos aos gañadores das eleccións: Villar Mir, DON Santiago Rey e ao capitán Pescanova. Tentamos felicitar a Tojeiro, pero seica anda renovando o seu fondo de armario.

Un gorentoso bico á nosa parentela do Bloque Socialista Popular que, coma sempre, volveu gañar.