comezamos?

April 28, 2009

Despois duns tempos de catarse colectiva, seica comeza a rodar a nova xeira do país que fai o parvo.

Fai o parvo o sector nacionalista, que reflexiona sobre si e non ve o que pasa arredor.

Fai o parvo o sector sociolisto que chama a mobilizar as bases para, no caso de que fracase o experimento frijolito, ocupar o goberniño e desmobilizalas de novo

Fai o parvo o goberniño, que atende moi ben os seus particulares negocios, mentres pasa amplamente dos problemas, como o novo conselleiro de reforestación e turismo rural.

Ate fai o parvo o Çelta, que só gaña de cando en vez, para demostrar que o seu é perder.

Comezamos?…ca, nada novo baixo a chuvia acá.

goberno amable

April 21, 2009

A dozura da dereita, cando se percebe inestable e precisa desmobilizar, desde JFK ata Tony Blair:

"Así meu querido pobo, axeónllate se es tan amable, ou! ben, dá a volta, así…ergue un pouquiño de…iso é, agora ábrete meu ben…agora! ohhhhh!…ves, cariño, como non doe tanto…"

moda primavera

April 6, 2009

Ate o sanisidro, que comeza extraoficialmente o verán, haberá que estar cos ollos moi abertos e observar atentamente ao redor para saber a onde ir,

 

 

 

 

 

cando chegue o solpor