comezamos?

April 28, 2009

Despois duns tempos de catarse colectiva, seica comeza a rodar a nova xeira do país que fai o parvo.

Fai o parvo o sector nacionalista, que reflexiona sobre si e non ve o que pasa arredor.

Fai o parvo o sector sociolisto que chama a mobilizar as bases para, no caso de que fracase o experimento frijolito, ocupar o goberniño e desmobilizalas de novo

Fai o parvo o goberniño, que atende moi ben os seus particulares negocios, mentres pasa amplamente dos problemas, como o novo conselleiro de reforestación e turismo rural.

Ate fai o parvo o Çelta, que só gaña de cando en vez, para demostrar que o seu é perder.

Comezamos?…ca, nada novo baixo a chuvia acá.