moda primavera
Ate o sanisidro, que comeza extraoficialmente o verán, haberá que estar cos ollos moi abertos e observar atentamente ao redor para saber a onde ir,
![]()
cando chegue o solpor
Ate o sanisidro, que comeza extraoficialmente o verán, haberá que estar cos ollos moi abertos e observar atentamente ao redor para saber a onde ir,
![]()
cando chegue o solpor
O arcebispado de Santiago, ademais de rexentar antros para a curación das ánimas mediante a penitencia e o castigo, tamén é promotor inmobiliario e se adica a xestionar urbanizacións en áreas costeiras postas en valor polo dilixente alcalde do BNG de Poio. Arcebispo de Santiago patriota galego!
E seguindo coa teima de onte, xa vedes que o tribunal especial non lles dá a razón a botarates e acólitos nin sequera en isto. Ai fachorriños ides ter que resucitar o TOP e a xurisdicción militar para perseguir as actividades que nos vos conveñen.
E para que se vexa que os fascistas van a serio, este dictame do presidente do congreso: Se nunha vila hai 2000 persoas que votan a ANV, habería que poñelas a tratamento. Debe estar a falar do tratamento que aplicaban os correlixionarios do seu pai que o educou moi bien, moi bien.
Pois iso, olá. Daquí a un pouco hei escribir algho.
Warning: Isto non é un blogue gastronómico
Vai unha receita propia por ter un detalle:
Para cear e saír quente da casa. Podemos chamarlle revolto de cabacíño ao allo porro sobre leito de queixo se imos de finolis, aínda que eu chámolle o cabaciño quente ou crumbled hot dildo se ides de cociñeiras internacionais
Ao que imos: temos que quecer nunha tixola un pouco aceite –non moito porque ha ir todo para o corpo- e aí lle botamos o branco dun porro ben ghrande picado en lonchas e despois medio cabaciño dun tamaño xeitoso –nin moi aló, nin moi acó- en cadradiños miúdos para que se desfaga axiña engadindo aos poucos a cantidade de auga estrictamente precisa para que non se queime. Removemos a lume lento ata que nos teña boa pinta e aí lle botamos o sal e a pementa que quixer, pouco sal que despois tira polos cubatas e pementa abonda pra ir quentes e lerchas.
Sobre a masiña escalfamos dous ovos (de ghaliña) pero non os deixamos callar, senón que os batemos con todo. Cando temos o revolto botámolo nun prato sobre unhas lonchas gordas de queixo de cabuxa para que se desfaga coa quentura da fritanga.
Compre papalo con pan da véspera (Tamén vale unha barra do día se vives nunha vila) e con viño albariño sen etiquetar. Se en troques de ir quentes, queredes ir directamente cachondas, botádelle unha guindilla (unha, eh!) cando lle acheguedes o sal e a pementa ou no sitio da pementa. Coas especies cadaquén xa saberá o que lle presta.
Compoñentes:
1 porro
1 cabacín
2 ovos de galiña
Queixo de cabuxa
Sal
pementa
ghindilla
aceite
auga
outro warning: Esta cea precisa de posteriores disolventes e refrescantes
Despois daquelo viñeron moitas boas novas e demasiadas decepcións. Aínda así, botamos raíces e coa merda temos que facer esterco co que seguir medrando.
![]()