Procesións
A nosa é unha sociedade, coma moitas outras, moi dada ás procesións. Hainas de todo tipo.
Após a procesión os fieis senten como unha especie de conforto na súa alma e unha nova fortaleza no espírito.
Os turistas aplauden e vitorean.
As autoridades baixan do palco e van gobernar, despois de dar cumprimento aos sacerdotes e ás reliquias.
Os fieis van para casa sosegados e felices, satisfeitos coa hostia que comeron e co viño que beberon.
Nos seus pazos os deuses escachan coa risa
