Sionismo=nazismo

May 12, 2009

Non vou comentar nada que non fora comentado. O Estado de Israel é a vergoña máis grande que temos que sufrir as persoas no comezo deste século. E os que abeiran a ese estado, os que calan e os que coas súas inmundas mentiras tentan encubrilo nos causan o mesmo noxo, desprezo e vergoña allea ás persoas normais. Lede  quen sodes, malditos de calquera deus!

De xusghado de guardia

February 11, 2009

Un representante dun partido político legal, polo momento, e concelleiro na oposición vén de proclamar que Compostela é un campo de experimentación para a caleborroca, que os centros culturais Gentalha do Pichel, Henriqueta Otero e Sala Nasa son centros de planificación de actividades terroristas e que o alcalde é cúmplice destas actividades.

Considerando

Que Conde quere que Compostela quede sen actividade cultural libre para que a mocidade encha os templos polo día e as discotecas dos seus amigos polas noites para así tela drogada e dopada para manipulala mellor

Que Conde segue unha estratexia de criminalización da libertade deseñada coa fea e a boba

Que Conde, no momento de facer as declaracións, presentaba síntomas dunha moderada intoxicación etílica

SENTENCIAMOS

Que o sr. Conde sexa absolto dos cargos de fascista, provocador e antigalego á vista de que a única falta que o acusado cometeu foi a de seguir os impulsos que o seu cerebro(¿?) lle ditou.

CONSIDERACIÓN FINAL

A pesares de que os media o tomen en consideración, ningunha persoa intelixente -e este tribunal é intelixente- pode tomar a serio as manifestacións dun imbécil, non sendo outro.

Fascista y fea

February 10, 2009

muy fea, en español, para que lo entiendas

Si, tu, la rubia de la izquierda.

A historiografía hespañola e antigalega

February 3, 2009

É o de sempre.

Galicia contou no século XVII cun dos mellores teólogos e inquisidores que produciu a seita católica: Frei Tomás de Lemos. Agora que facemos país, sabemos que este dominico de memoria prodixiosa foi un dos principais alicerces do papado na loita contra os jesuítas e o herexe Galileo Galilei, quen sobstinha a absurda teoría de que o sol era o centro do universo. Frei Tomás sentenciou ao respective: é absurda á filosofía e herética e contradi á Sacra Escritura e aos Santos Pais.

Onde hai razón hai razón e así o ignorante de Galileo foi condanado. Nada se soubo da heróica participación do noso compatriota: Porque os autores españois que escribiron sobre o proceso non falaron del para nada, e os demais tampouco. O único que o fixo foi Alberto Villanueva en 1945, en Buenos Aires afirma o estudoso Carniceiro.

Unha outra vez o imperialismo español tenta afundir o prestixio dun dos nosos máis insignes próceres, como fixeron con Parvo de Cela.

Frei Tomás de Lemos patriota galego!!!

Que pouca vergoña teñen

January 26, 2009

Os +merda da manipulación e a mentira cuestionando a victoria en referendum da proposta constitucional para unha nova Bolivia.

Unha pequena comparación co nivel de aprobación da democratísima constitución española mostra que o 54,9% do total da poboación boliviana aprobou a constitución (90% de participación, 61% de votos SI), mentres que a constitución española aprobouse co apoio do 58,3% da poboación (67% de participación, 87% votos SI).

Poden dicir que en algunhas zonas de Bolivia non se aprobou a nova constitución, pero non esquezan os resultados da constitución do 78 en Euskadi e Catalunya. Anden, calen a boquinha.

Por non falar do nivel de aprobación do estatutinho galego que foi aprobado polo 20%! do electorado (28% de participación!). Agora nos van falar estes pailáns de democracias de merda

Dálles Evo!

revolta

January 23, 2009

Levo toda a mañán aturando a pais e nais indignadísimos porque teñen aos nenos na casa por mor do peche das escolas por causa do temporal. Está xente tan preocupada pola seguridade dos seus fillos (pero máis preocupada por non perder un euro co que ir ao corte inghlés o sábado) berra que eles non teñen porque ver a TV nin ter internet para enterarse da suspensión das aulas. Agardan que a conselleira llo vaia notificar ás súas casas. Como ao final non haxa o temporal que anuncian os meteos, vai ser a de sanquintín.

Quen se está cabreando son eu ao comprobar a estulticia galopante do persoal globalizado. As que somos antiguas e retrasadas metémonos na casa (a carón do lar) cando hai neve ou xeo na estrada ou cando vai ghalerna. Pode que perdamos un xornal ou dous, pero mal será que a nosa saúde e seguranza non se vexan garantidas meténdolle un chourizo e un ghoto ao pe das brasas.

A xente moderna cre que domina a natureza. Non está mal, se non fora porque, cando esta as manca, tes que aturarlle os choros e as peticións de solidariedade. Listos!, que sodes uns listos.

imperio asasino de nenos

January 20, 2009

cada vez que alguén ou algo me quere convencer de que Obama vai mudar a natureza criminal do Imperio,

 

 

 

 

Dios mata de fame unha criança

Se xogaran saberían que é o que están facendo: Un senfín de morte xenerador de máis morte. O xogo ten unha opción de paz: non disparar

cal guerra?

January 19, 2009

 Por qué lle chaman guerra ao exterminio dun pobo desarmado -que se defende co que pode- por un pobo armado polo imperio para a defensa dos imperiales intereses?

Blogs

January 15, 2009

É ben certo: ate o máis parvo ten un blog. Quen carallo é Pasión Vega? Que inorantinha che son!

 

Ah! o arrecendo do mar!

Para ti imbécil

January 2, 2009

Como prefiro crer que es un cretino a pensar que es un asalariado do nazismo, a ver se te enteras mamón: le